miércoles

"Nos conocemos", unha secuencia didáctica diferente

Nos conocemos”  é unha secuencia de actividades didácticas deseñadas pola docente Pilar Etxebarría que ofrece recursos ao profesorado para que o seu alumnado poda coñecerse, cohesionar o grupo de clase e organizar grupos estables, crear un bo clima de aprendizaxe e establecer dinámicas básicas coas que traballar xuntos.
As dinámicas que se empregan están baseadas na aprendizaxe cooperativa e poden aplicarse a diferentes situacións durante o curso. Así, encontramos estratexias de intervención en situacións negativas ou de conflito, actividades para fortalecer dinámicas positivas ou procedementos para sentar as bases de metodoloxías activas como a aprendizaxe por proxectos.

A secuencia está deseñada para  a área de Ciencias Naturais e Matemáticas de 1º da ESO, pero o carácter transversal das actividades fai que se poidan aplicar a calquera outro curso e área. De feito considérase que o ideal sería repartir estas actividades entre todas as materias e docentes, tanto nas propias sesións de titoría como no resto de áreas curriculares. Isto é así por que mellorar a comunicación, establecer novos ritmos de aprendizaxe e favorecer os climas positivos son medios que contribúen a mellorar o rendemento en tódalas materias e obxectivos e, por tanto, debemos incluílos como elementos básicos da formación dos nosos alumnos.  Igualmente importante resulta coñecer mellor a clase e gañarse a súa confianza para reforzar a súa seguridade e romper coa rutina e establecer un ritmo de clase distinto na que se manteña a expectativa de ver o novo que se lles ofrece


A secuencias de tarefas propostas organízase en torno a un proceso que segue as seguintes etapas ao longo do curso, dentro das que enlazamos as actividades corresondentes. Pode consultarse para un análise detallado na Guía Didáctica de “Nos Conocemos”, que achega unha orientación completa  para aplicala na aula:
Coñecmento mutuo e establecemento de interacciónss positivas:
·         Benvida
·         Cadena de nomes
·         Nosas mans
Primeiros pasos para formar equipos de aula
·         Pegatinas de cores
·         Compartiendo
Avaliamos que sabemos, que sentimos, que pensamos
·         A miña mochila científica
·         A nosa mochila matemática
Creamos os equipos de aula estables 
·         Aprender xuntos
·         Formando grupos
Asumimos que significa aprender en equipo
·         Perdidos na lúa
·         Todos para un
Preparamos os nosos recursos de aprendizaxe
·         Aula dixital
·         O meu cuaderno dixital
Establecemos as nosas normas
·         O noso centro
·         Normas de aula


A proposta complétase cos exemplos de experiencias didácticas en catro centros onde a aplicación deste material foi un éxito. O material pode ser utilizado en liña ou descargado en formato texto na seguinte dirección: https://es.scribd.com/doc/165959693/Nos-Conocemos

martes

A mediación escolar e as súas vantaxes como medio de resolución de conflitos no centro

A miúdo encontrámonos nos centros educativos con programacións e plans de convivencia que propoñen medidas e actuacións encamiñadas á mellora da convivencia na aula e no centro que quedan en papel mollado pola inconcreción coa que son formuladas. De maneira paralela existe unha extensa batería de medidas correctoras de carácter pouco construtivo que adoitan dar paso a medidas punitivas e sancionadoras, que normalmente non atallan o problema e converten os conflitos en recorrentes.
Partindo da idea de que os conflitos de intereses e diverxencias de parecer son consubstanciais ás relacións humanas, a mediación escolar está a revelarse como unha solución altamente enriquecedora e numerosos centros do noso país sumáronse á súa aplicación como un método pacífico para resolver conflitos, que a longo prazo contribúe ademais a crear un ambiente máis relaxado e produtivo e a aumentar a capacidade dos  membros da comunidade educativa para resolver os conflitos de maneira non violenta.
Como dicimos, a mediación escolar é un medio de resolución de conflitos co que, se resulta produtivo, se chega a acordos e compromisos onde ambas partes gañan mediante a busca dun obxectivo común e alternativas que satisfagan a todos. Basease no modelo VIC. Isto implica que é un proceso voluntario ao que acceden as partes en conflito con ánimo de resolvelo e sen que ninguén llo impoña; imparcial, no sentido de que a persoa mediadora actúa de maneira imparcial e obxectiva no desempeño do seu papel, e confidencial; o mediador comprométese a que o falado nas sesión de mediación non saía de alí.
O procedemento adoita ser o seguinte: xorde un conflito e ambas partes acceden a solucionalo mediante mediación. A continuación elíxese a persoa mediadora de entre o equipo de mediadores do centro, integrado por docentes e alumnos/as, estúdanse as condicións do conflito e establécese unha data de mediación . No transcurso da sesión de mediación ambas partes deben respectar a quenda de palabra, ser honestos e sinceros e tratarse con respecto. A mediación comeza coa exposición por parte dos mediados da súa versión do conflito. O papel do mediador consiste en escoitar de maneira activa, facilitar a comunicación, identificar os intereses e axudar ás partes a chegar a solucións alternativas a partir do fomento da empatía, pero sempre sen impoñer nin persuadir. De se chegar a un acordo, este ponse en práctica e revísase con posterioridade. Desta maneira as soluciones saen do propio participante no conflito e adoitan ser duradeiras ou incluso definitivas, fronte aos castigos tradicionais que fan que os problemas se volvan recorrentes.
O mediador debe ser unha persoa discreta e empática, que saiba manterse imparcial, que saiba escoitar e que sexa quen de crear un clima de confianza para a comunicación.
Multitude de centros educativos implicáronse e implícanse na formación de  profesores/as e alumnado na comunicación positiva, escoita activa e outras ferramentas propias da mediación para poder conseguir que os propios alumnos/as sexan quen de resolver os seus conflitos e que exista unha convivencia harmoniosa  nas aulas sen ter que recorrer continuamente a métodos tradicionais de castigo. A mediación contribúe ademais a:
- Traballar valores como a comunicación, a participación e o respecto.
- Que os alumnos/as reflexionen sobre a súa conduta e aprendan a observar e interpretar as súas emocións e as do resto; que desenvolvan a empatía
- Fomentar a supresión de relacións de dominio e sumisión
- Mellorar o ambiente escolar
- Desenvolver a capacidade de diálogo e a mellora das habilidades comunicativas
- Favorecer a autorregulación por medio da busca de solucións autónomas e negociadas
- Reducir o número de sancións e expulsións
- Diminúe a intervención de persoas adultas, implica unha madurez moi importante por parte do propio alumnado no conflito e un salto cualitativo importante no seu crecemento como persoas

Deixámosvos con esta curta educativa feita para o IES Los Enlaces de Zaragoza e o Centro de Porfesores e Recursos por TúEmocion Audiovisual, no que, se ben a actuación podería ser mellorable, ilústrase como funciona o proceso de mediación nun centro a partir dun caso de conflito entre dous adolescentes.



lunes

CAIXA DE CORREO AMIGO

Dende o equipo de orientación queremos lembrarvos que tedes á vosa disposición unha caixa de correo amigo situada na entrada do edificio principal. Alí podedes deixar por escrito os vosos problemas, dúbidas, etc. e trataremos de axudarvos. As cartas poden ser anónimas.

Tede en conta que se necesitades falar con alguén as portas do despacho sempre estarán abertas para vós.


domingo

2 de maio, día contra o acoso



Con motivo da celebración do día contra o acoso déixovos este pequeno anuncio de Android para que reflexionedes un chisco. Lembrade que non chegaremos alto se empurramos aos demais cara abaixo.



viernes

Detección de problemas escolares por parte de la familia


Un neno ou adolescente ten problemas “escolares” cando están presentes situacións que afectan o seu rendemento escolar, xa que este se atopa por debaixo das súas capacidades intelectuais

Cando os problemas escolares persisten no tempo, pódese chegar ó fracaso escolar e tódolos problemas que isto conleva, como pode ser unha precaria adaptación á  sociedade, falta de oportunidades no mundo laboral ou baixa autoestima por falta de metas

En España, o número de adolescentes que non son capaces de acadar o nivel de rendemento medio esperado para  a súa idade e nivel pedagóxico vaise acumulando ó  longo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO): no último curso, máis do 40% dos alumnos chegan con retraso acumulado

As  consecuencias son  que non se gradúan  na ESO case 3 de cada 10 alumnos españois, existindo diferenzas de xénero:  as taxas de graduación son 16 puntos máis baixas nos rapaces que nas rapazas . No bacharelato a taxa de non graduación supera  o 30%, persistindo as diferenzas de xénero: as taxas de graduación son 14 puntos máis baixas nos rapaces que nas rapazas

Causas deste baixo rendemento que deben detectar os pais falando cos seus fillos poden ser :

- Acoso escolar

- Algún problema de saúde aínda  non detectado, coma mala visión

- Depresión

- Baixa capacidade de concentración

- Fatiga ou estrés

- Falta de motivación


Una vez detectado o problema e se  non  é posible resolvelo de maneira unilateral, os  pais deberían poñerse en contacto coa comunidade  educativa para buscar solucións ou incluso a axuda dun profesional 

martes

Conciliación vida laboral y familiar

Hoxe en día é necesario  conciliar os horarios laborais e escolares para que poida existir unha relación familiar sen convertirnos todos nun subproducto do capitalismo.

Os períodos vacacionais demasiado longos en verán fan que moitas veces un dos cónxuxes teña que pedir as súas vacacións seguidamente despois do outro para intentar encher os casi tres meses de verán e isto provoca que non se poida pasar un período vacacional en familia a non ser que se dispoña de sufridores avós que deben facer de pais e "niñeras".

Hoxe en día resulta imposible para a maioría dos pais poder realizar unha visita  ao colexio xa que os seus horarios laborais coinciden cos horarios escolares. Así mesmo, tamén resultaría interesante que os pais puidesen chegar máis cedo á casa para falar cos seus fillos e saber como lles vai na escola para saber algo da súa vida e poder detectar algún problema precoz a tempo.

Se queremos unha sociedade  sá e levar unha vida equilibrada necesitamos tempo para pasar cos nosos fillos e para coñecelos e que eles nos coñezan. En conclusión, para a adecuada convivencia familiar precisamos poder harmonizar os horarios de todos os seus membros e para iso é necesaria a axuda das empresas, dos políticos e da sociedade en xeral.

Todo o anterior  pódese resolver con algunhas propostas concretas como poden ser:


  • Educar aos nenos en que vexan a importancia da familia, da formación e da vinculación entre ambas.
  • Os gobernos deben implicarse nunha mellor distribución das vacacións escolares.
  • As empresas deben centrar a súa atención en que a adecuada productividade dun empregado pasa por levar unha vida familiar activa con tempo libre suficiente para tal fin.
  • Os horarios escolares deben facerse máis racionales pensando en tal conciliación






lunes

REVÁLIDAS: Sen Efectos Académicos e Obrigatoria para acceso Universidade

As reválidas son o primeiro punto polémico da LOMCE que se queda no camiño. Este proceso iniciouse o 26 de Outubro de 2016 na primeira investidura de Mariano Rajoy, cando este mesmo anunciou no congreso que deixaba sen efecto académico ás reválidas da ESO e Bacharelato que impulsou o anterior ministro, José Ignacio Wert, ata que non se chegase a un pacto nacional pola educación. Según Rajoy, a primeira —a de ESO— quedará como un exame de diagnóstico e a segunda —Bacharelato— convértese nunha Selectividade algo máis complexa, tendo que realizala aqueles que aspiren a ir á Universidade como pasaba ata o de agora. O anuncio tivo lugar tras unha masiva folga contra estas probas.

Resultado de imagen de meme revalidas
  
Isto quedou ratificado co “Real Decreto-Ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa”, no cal se establece que as reválidas xa non serán necesarias para obter un título nin constarán no expediente académico do estudante, así como tampouco serán obrigatorias para todos os alumnos.

Desta forma, o exame de 6º de Primaria será muestral e non censal, o que significa que as comunidades autónomas elixirán determinados centros para realizar a proba. Non terán que realizala todos os alumnos de maneira obrigatoria -como sí ocorreu o curso pasado, cando se realizou por primeira vez-. Sen embargo, si algunha administración autonómica decide someter a todos os seus alumnos á avaliación, está facultada para isto.

A avaliación final da ESO tamén será muestral e de diagnóstico, participando unicamente nela o alumnado matriculado en 4º da ESO que fose seleccionado pola Administración educativa; limitarase ás materias troncais xerais do último curso e non ás de toda a etapa; non terá efectos académicos, é dicir, non será necesario superala para obter o título, e ademais os resultados non constarán no expediente académico do alumno examinado. 

Os alumnos de FP básica tampouco necesitarán realizar a proba de ESO para conseguir o título de ESO, senón que o profesorado considerará si reúnen as condicións para isto. Ademais, o título de ESO será "único", cos mesmos efectos, sexa cal sexa o itinerario académico elixido por os alumnos en 4º de ESO.

A 'reválida' de 2º Bacharelato sólo a terán que realizar os alumnos que queiran ir á Universidade, porque esta proba substitúe á antiga Selectividade. Non terá outros efectos académicos que os de acceso ás ensinanzas de Grao e limitarase ás materias troncais xerais do último curso e ás materias troncais de opción para subir nota, e non ás de 1º e 2º como establece a LOMCE.

As características e contidos destas probas, serán similares ás da antiga Selectividade e acordadas entre as Comunidades Autónomas e as universidades. Estas características e as datas das probas serán reguladas a través dunha orde ministerial, que se encontra en fase de borrador. Polo tanto, hai que estar atentos para coñecer as características específicas destas “reválidas”.